Rianxo pechou 2025 coa cifra de paro máis baixa dos últimos 10 anos

12 Xaneiro 2026

O Concello de Rianxo, a través do seu alcalde, Julián Bustelo, fixo balance do acadado polo seu Goberno en materia de emprego no ano que vimos de deixar atrás. Segundo fixo saber o rexedor, Rianxo pechou 2025 coa “cifra de paro máis baixa dos últimos 10 anos”, un dato “especialmente bo nun contexto no que mesmo melloramos lixeiramente os datos de poboación”, engadiu.

Tamén explicou que o ano rematou con 363 persoas desempregadas, 57 menos se o comparamos coa cifra rexistrada en decembro de 2023. “Así as cousas, a taxa de paro rexistrada no noso municipio sitúase por debaixo tanto da media galega como da estatal”, sinalou Bustelo, engadindo que “seguiremos traballando e desenvolvendo políticas que contribúan a xerar riqueza no noso municipio e a que todos ps rianxeiros e rianxeiras teñan a oportunidade de desenvolver aquí o seu proxecto de vida”. Seguindo este fío, salientou que xa está en marcha unha nova edición do Programa Integrado de Emprego que impulsa o Concello de Rianxo conxuntamente cos Gobernos de Boiro e A Pobra, un PIE que na súa anterior convocatoria acadou unha taxa de inserción laboral que superou o 65%.

Outros artigos

Venres 13, con choivas tormentosas nas Rías Baixas e Santiago

Galicia vivirá o venres 13, Santa Catalina e Benigno, unha xornada de inestabilidade atmosférica coa entrada dunha masa de aire polar marítima, con chuvascos localmente tormentosos e posible sarabia nas Rías Baixas e arredor de Santiago de Compostela. Agárdanse ceos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.