Rianxo e Boiro impulsan a futura construción dun centro compartido de acollida de animais

19 Xaneiro 2026

Os alcaldes de Rianxo e Boiro, Julián Bustelo e José Ramón Romero, mantiveron unha xuntanza de traballo impulsar a construción dun centro compartido de acollida de animais abandonados.

O centro, que tería unha superficie útil total superior aos 400 metros cadrados, “contaría con canís e gateiras de abondo para atender a demanda existente”, informaron, engadindo que tamén contará cun deseño modular que permitiría levar a cabo futuras adaptacións no caso de que resultara necesario un espazo maior.

“A existencia deste espazo non só abarataría enormemente os custos do servizo ao non ter que desprazar os animais a puntos máis afastados, senón que tamén evitaría que os donos dos animais extraviados se tiveran que desprazar a outras localidades a recoller as súas mascotas”, sinalaron.

No caso de Rianxo, no ano 2025 recolléronse máis de 70 animais abandonados e na actualidade máis de medio cento están nun centro de acollida agarando a seren adoptados. O servizo de recollida de animais abandonados supón un custo de aproximadamente 85.000€ anuais para as arcas municipais.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.