“Respectar e conservar”. Luís Celeiro

04 Xaneiro 2026

Ao anoitecer, ía no seu coche conducindo pola dereita. Ía con velocidade moderada, lentamente por
se aparecía algo inesperado e así foi, mesmo ao pasar a primeira curva á esquerda, sorprende ao
condutor o fulgor dos ollos dun cervo que quería cruzar, e cruzou, correndo cara á dereita. Os seus
cornos gallados indicaban claramente que aquel ruminante de patas longas e rabo curto era un
macho. Se fose de día, sería unha preciosidade volver velo.
Ao día seguinte, cando se dirixía á vila para arranxar uns papeis no concello, nun lugar próximo á
casa onde moraba, atópase cuns xabarís que fuxían do ruído enorme dunha martabela en plena
acción, na lindeira leira do millo. Eran seis ou sete cruzando tranquilamente dun lado ao outro
daquela estrada sen raias ou con elas borradas. Igual que a maioría das estradas de Galicia, coas
raias despintadas.
Ninguén sabe (as autoridades tampouco) cantos xabarís hai nun determinado territorio, pero todo o
mundo é consciente de que son moitos máis dos convenientes e, se non se pon remedio, a
expansión da especie continúa e os danos agrícolas tamén. Os xabarís chegaron aos campus
universitarios, pasearon polas alamedas de varias cidades, visitaron museos, os arredores de varias
bibliotecas e seguen sendo un problema en calquera estrada, nos sendeiros peonís e mesmo na
beirarrúa, diante dunha casa calquera.
Aquel home (ou mozo) colleu medo e quixo volver de día para o seu lugar. Un pouco antes de saír
atopouse cun veciño, Manuel da Tecedeira, e, despois dunha breve parada no bar da zona, foron
para a casa xuntos. Alí mesmo, antes de entrar, unha zorra ía correndo cunha galiña na boca. Mesmo
ao parar, o acompañante foi correndo a contar as súas pitas declaradas. Faltaban tres e unha estaba
morta diante do galiñeiro.
E os cadelos onde estarán? Onde se meterían? Segundo un deles, Manuel do Medo, os cans están na
casa ao quente, mirando polo balcón ou ceando. De camiño, conversaron sobre o oso, considerando
ámbolos dous que o máis coñecido de Galicia é o de Salcedo (A Pobra do Brollón).
Os investigadores din que a presenza do oso en Galicia é moi limitada, aínda que -ao parecer- o oso
pardo formou parte da nosa paisaxe natural e cultural, que -como di a Tía Manuela- “debemos
respectar e conservar”.

Outros artigos

Estabilizado o incendio forestal da parroquia de Ribasieira

Segundo as últimas estimacións provisionais, o lume afecta unha superficie de 45 hectáreas A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.