Ramón Torrado presenta na súa terra (Araño, Rianxo) o seu novo libro “Ríos de Mosaicos”

07 Xaneiro 2026

O Centro Cultural da Capela (Araño) acollerá o vindeiro domingo 11 de xaneiro a presentación do libro Ríos de Mosaicos, do escritor local Ramón Torrado Romero, publicado por Medulia Editorial.

A presentación correrá a cargo do propio autor, acompañado polo poeta Manuel López Rodríguez. Haberá tamén unha actuación musical do Dúo Minguante.

Ríos de Mosaicos é unha colección de pequenas historias que se desenvolven en distintos séculos e países.

Ramón Torrado Romero (Xens – Araño, Rianxo, 1966) é profesor e escritor. A súa formación desenvolveuse entre Galicia, Euskadi e os Estados Unidos, experiencias que lle achegan unha visión ampla e diversa tanto na docencia como na creación literaria.

Publicou previamente Rebeca no val das sombras ardentes (Editorial Toxosoutos, 2018), Torino (Axóuxere, 2021) e A petición de Auli (Belagua, 2023). Ademais, colabora habitualmente con artigos de opinión e análise en medios como Galicia Confidencial.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...