Queiruga celebra este venres unha Noite de Bingo

30 Xaneiro 2026

A Casa da Cultura de Queiruga (Porto do Son) propón este venres 30 de xaneiro unha iniciativa de lecer para combater os rigores deste inverno azoutado polo tren infinito das borrascas atlánticas: unha Noite de Bingo organizada pola Comisión de Festas de Queiruga coa colaboración do Concello de Porto do Son.

A cita será este venres 30 de xaneiro a partir das 21.00 horas.

Será na Casa da Cultura de Queiruga e terá entrada libre.

Ademais, do bingo en si mesmo cos seus premios variados para os participantes gañadores, haberá picoteo de balde.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...