Portos e AMTEGA asinan un convenio para avanzar en Administración Electrónica

27 Xaneiro 2026

O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, e o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Damián Rey, asinaron na mañá deste martes 27 de xaneiro un convenio de colaboración que permitirá avanzar ao ente público dependente da Consellería do Mar no ámbito da Administración Electrónica, logo da recente adhesión ao sistema avanzado de tramitación e xestión da axencia.

Segundo explicaron, o acordo rexerá o traballo para desenvolver de cara á xestión do sistema portuario galego no eido das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC), a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico.

Neste escenario de traballo, Portos de Galicia financiará as actuacións previstas para a integración dos seus servizos tecnolóxicos na axencia, creada para a definición, desenvolvemento e execución dos instrumentos da Xunta de Galicia neste eido. Con este obxectivo o ente portuario investirá máis de 200.000 euros no ano 2026 en actuacións que abranguen a licitación da súa nova plataforma de dixitalización, os servidores e máquinas virtuais necesarios, e a ciberseguridade, entre outras acción.

Pola súa parte, AMTEGA prestará o servizo de asesoramento e apoio a Portos para estas accións. Así mesmo facilitará a infraestrutura base necesaria para a migración dos sistemas, ferramentas e aplicacións de Portos de Galicia á axencia. Con este acordo, a Xunta pretende avanzar na Administración Electrónica do sistema portuario e axilizar e facilitar aos usuarios dos portos a súa relación co ente público.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...