Pérez Barral escoita a veciñanza de Artes e repasa a acción de goberno que permitiu mobilizar 400.000€ na parroquia

29 Xaneiro 2026

O ex-alcalde ribeirán Luís Pérez e o seu equipo mantiveron un encontro aberto coa veciñanza de Artes no marco da iniciativa Parroquias con voz, unha rolda de reunións coa que o Bloque Nacionalista Galego continúa escoitando as demandas veciñais parroquia a parroquia, apostando “pola participación directa e a escoita activa”. A xuntanza desenvolveuse no Centro Recreativo de Artes e serviu, segundo fixo saber a agrupación, “para que a xente trasladara as súas demandas, propostas e preocupacións sobre as necesidades actuais da parroquia”. Ao mesmo tempo, o BNG fixo balance das actuacións levadas a cabo nos últimos anos e explicou os proxectos xa programados para o futuro inmediato.

No encontro participaron o portavoz municipal e exalcalde, Luís Pérez Barral, xunto con concelleiras do grupo municipal e responsábeis locais do BNG. Durante a súa intervención, Pérez Barral destacou que as veciñas e veciñas son quen mellor coñecen a realidade da parroquia e as súas necesidades, subliñando que “escoitar á xente foi a clave para acertar nas decisións que se tomaron e permitiron acrecentar os servizos básicos de auga potable e saneamento en Artes”.

Durante a reunión realizouse un repaso polos investimentos executados en Artes, que “acadan os 400.000 euros para servizos básicos de saneamento e auga para consumo e espazos para a rapazada”, sinalou o ex-rexedor, lembrando que entre as actuacións xa realizadas figuran o parque infantil diante do Centro Recreativo por 115.000€, o saneamento e abastecemento de auga no lugar de Arribas por 99.000€ e a dotación de recollida de augas pluviais no lugar de Outeiro 32.000€.

Segundo explicou Pérez Barral, “grazas á acción de goberno, quedaron consignados 1,5 millóns de euros para continuar ampliando e mellorando os servizos básicos nas parroquias e que se deben executar ao longo do ano 2026. En Artes están previstos investimentos, con financiamento asegurado, que permitirán continuar avanzando na modernización das infraestruturas. Entre eles destacan a pavimentación e dotación de pluviais na contorna da igrexa de Artes con 77.000 euros e o saneamento no lugar da Ponte por 67.000 euros”.

Pérez Barral aproveitou tamén para subliñar que estas actuacións son posíbeis grazas “a unha xestión económica rigorosa e planificada”, sinalando que “o BNG deixou proxectos preparados e recursos garantidos, fronte á situación de forte endebedamento herdada do goberno do PP que alzou a débeda pública aos 13 millóns de euros”.

Na xuntanza a veciñanza fixo un recoñecemento público Luís Pérez Barral por ser “un alcalde que sempre estivo cando se necesitaba” e “que segue traballando polo ben da parroquia”. Pérez Barral quixo agradecer tamén a resposta da xente porque “está a ser moi positiva e iso reforza a nosa convicción de seguir neste camiño”. Segundo dixo, “percibimos un recoñecemento claro ao traballo feito e o noso compromiso é continuar presentes nas parroquias, mantendo o contacto directo e defendendo con constancia aquilo que realmente precisa cada lugar”, concluíu o portavoz do BNG.

O BNG continuará coa iniciativa Parroquias con voz coa seguinte reunión, que terá lugar en Oleiros, o xoves 5 de febreiro ás 19:30 horas, no centro social de Oleiros.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

Asistimos en el tablero de Oriente Próximo a una representación dramática de la discordia entre la moral y la política. El conflicto que involucra a Irán y sus vecinos pone de manifiesto cómo el moralista político -aquel que forja una moral ad hoc para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.