Os Reis Magos encherán de maxia Porto do Son o vindeiro luns, 5 de xaneiro

03 Xaneiro 2026

O vindeiro luns, 5 de xaneiro, Porto do Son volverá a encherse de luz, maxia e ilusión coa tradicional visita das Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente, que percorrerán distintas parroquias do municipio para saudar ás nenas e nenos sonenses.

A comitiva real iniciará o seu percorrido pola mañá, cunha ruta que fará parada en:

  • Miñortos (Igrexa): de 10:00 a 10:20 h
  • Portosín (Praza do Curro): de 10:35 a 11:00 h
  • Nebra (Local Parroquial): de 11:30 a 11:50 h
  • Visita ao Centro de Día de Porto do Son
  • Noal (fronte á fonte de Cabanela): de 12:10 a 12:30 h
  • Queiruga (Casa da Cultura): de 13:25 a 13:45 h

Pola tarde, as Súas Maxestades continuarán o percorrido con novas paradas en:

  • Caamaño (Casa da Cultura): de 15:45 a 16:05 h
  • Xuño (Casa da Cultura): de 16:20 a 16:40 h
  • San Pedro (Casa da Cultura): de 16:55 a 17:15 h

A gran Cabalgata de Reis partirá ás 18:15 horas desde a fachada marítima de Porto do Son, nun desfile cheo de música, luces e fantasía co que se porá o broche de ouro a unha xornada moi especial.

O Concello de Porto do Son organiza esta actividade coa colaboración da veciñanza, das ANPAS e das asociacións locais. Todos os horarios anunciados son orientativos.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.