Os produtos quilómetro cero da provincia volven acaparar a atención e a aprobación en Madrid Fusión

27 Xaneiro 2026

A Deputación da Coruña continúa este martes 27 de xaneiro coa súa presenza en Madrid Fusión 2026, cunha variada programación no posto A paisaxe que sabe.

A institución provincial confirmou que os grandes protagonistas, nesta segunda xornada do evento, seguen sendo os produtos quilómetro cero da provincia: galletas, queixos, mexillón, produtos da horta, viños, conservas e moito máis. “Alimentos de proximidade, da nosa terra e do noso mar e de primeira calidade”, destaca o vicepresidente da institución, Xosé Regueira.

O tamén deputado de Promoción Económica subliña a importancia da enogastronomía como principal produto turístico da provincia, que atopa en escaparates como Madrid Fusión unha vía de situarse no mercado internacional.

Os Biosbardos

Igual ca na xornada inaugural, a resposta do público está a ser “excelente”, incide o vicepresidente, ao tempo que destaca a presenza no posto da Deputación dun amplo abano de produtos que abranguen “practicamente todo o territorio da provincia”.

A xornada abriu coa presentación das Gallegas de Nata da Coruña e continuou coa degustación de produtos da horta ecolóxica dos Biosbardos (Cambre). A seguir, Óscar Ramil, xerente do Consello Regulador da DOP Arzúa-Ulloa realizou un relatorio e cata vertical de queixos.

Óscar Ramil

Continuaron as demostracións gastronómicas Silvia Facal e Rafa Varela, do restaurante Balarés (Ponteceso), que presentaron un mexillón do Barbanza en escabeche caseiro e unha pescada de baixura con emulsión de allada galega e chícharo bágoa.

Por segundo día consecutivo puxo a nota enolóxica Alejandro Paadín, catador e formador, que disertou sobre os viños das IXP Terras do Barbanza e Iria, así como os viños da indicación xeográfica protexida de Betanzos.

Á tarde volverán as demostracións coa Conserveira e a súa presentación e degustación de ventresca de bonito do norte en manteiga da queixaría Galmesán; novo relatorio e cata de Alejandro Paadín, desta vez centrada nos viños do proxecto de enoturismo María Manuela (Boqueixón); outra sesión da demostración gastronómica de Balarés; e o peche con presentación e degustación de produtos da marca santiaguesa Chichalovers.

Para a terceira e derradeira xornada, o prato principal será a demostración da chef estrela michelin Lucía Freitas (Santiago de Compostela). A responsábel do restaurante A Tafona elaborará en dúas sesións diferentes —ás 14 e ás 16 h— cabaza asada dos Biosbardos con pesto de Galmesan emulsionado; mexillón tigre da Conserveira; e guiso de navalla da Conserveira con salsa verde de algas.

Completan o programa outros participantes das primeiras sesións, como A Conserveira (A Pobra do Caramiñal), La Despensa D’Lujo (Coristanco) e Alejandro Paadín.

Outros artigos

Este venres 11, máis sol co avance do día e temperaturas en ascenso

O reforzo da influencia anticiclónica e a entrada de circulación de vento do nordés marcarán a predición meteorolóxica deste venres, garantindo unha xornada de tempo seco e progresivamente máis despexado. Durante as primeiras horas da mañá predominarán as nubes baixas...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.