Os empresarios de Ribeira celebraron último sorteo da súa Campaña de Nadal, cun total de 6.000 euros sorteados en vales de compra

08 Xaneiro 2026

A AER (Asociación de Empresarios de Ribeira) celebrou este mércores 7 de xaneiro o último sorteo da súa Campaña de Nadal, a través do cal repartíronse 2.000 euros en vales de compra, poñendo o foco unha vez máis no apoio ao comercio local e constatando o éxito total da campaña en materia de implicación e participación.

A patronal explicou que “só durante a última semana da iniciativa rexistráronse 5.517 tíckets na páxina web, unha cifra que reflicte a gran acollida do sorteo final e o gran nivel de participación alcanzado nos últimos días da campaña”.

En total, foron sorteados 6.000 euros en vales de compra.

Algúns dos gañadores e establecementos

2 vales de 200€

Carmen Araoujo- Trastiños

Vanesa Sampedro- Os Nenos

6 vales de 100€

María Jose Vila- Rule’s

Francisca Hermo- Calzados Horacio

Connie Baña- Mmagoe

Vanesa Fernández- Spar Express Palmeira

María Pérez- Tiendas Cosmos

María Dolores Martínez – Multiópticas

E 20 vales de 50 euros

Valoración positiva

Os empresarios fixeron saber que a campaña Nadal en Ribeira rexistrou un total de 17.510 participacións, confirmando o éxito da iniciativa e o apoio ao comercio de proximidade durante este período festivo. Engadiron que o sistema de sorteos semanais de vales permitiu que os premios se utilizasen directamente nos establecementos locais, contribuíndo a dinamizar a actividade comercial. Ademais, apuntaron, “a participación foi moi positiva, destacando a boa acollida deste novo formato tanto por parte da cidadanía como de moitos dos comercios participantes”.

“Desde a Asociación agradecemos a implicación de todos os participantes e dos comercios colaboradores, cuxa implicación é clave para seguir fortalecendo o comercio local en Ribeira”, sinalaron.

Outros artigos

Unha recreación virtual do Castro de Baroña, premiada pola UDC

Contribuír á dinamización, difusión e uso da lingua galega no eido universitario, promovendo a súa presenza nos proxectos académicos e recoñecendo traballos que poñen en valor a cultura, o patrimonio e a realidade social de Galicia é o obxectivo dos premios aos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.