O IES Virxe do Mar acolle este luns a presentación do libro do poemas “Vergüenza ajena”, escrito polo alumnado

21 Xaneiro 2026

O vindeiro luns 2 de febreiro, ás 19:00 h, o salón de actos do IES Virxe do Mar acollerá a presentación do libro colectivo de poemas Vergüenza ajena, unha obra creada por alumnas e profesores do centro.

Este libro nace do Escapril, unha iniciativa poética que propón escribir un poema cada día do mes de abril a partir de ideas guía, e que foi adaptada no instituto grazas ao traballo do profesorado.

O resultado é unha coidada selección de textos que amosan o talento, a creatividade e a sensibilidade literaria da comunidade educativa.

Tras o éxito dunha presentación anterior, na que tamén participou alumnado doutros centros, o público puido experimentar de primeira man o proceso creativo, escribir os seus propios poemas e compartir un faladoiro poético arredor da obra e das súas autoras.

Lugar: Salón de actos do IES Virxe do Mar

Hora: 19:00 h

Entrada: de balde

Exemplares á venda: 10 € (con posibilidade de dedicatoria)

Trátase “dunha cita cultural que pon en valor a creación literaria feita nas aulas e o papel da educación como motor cultural”, informou o Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.