O Goberno local de Ribeira reúnese coa veciñanza de Corrubedo e Olveira

20 Xaneiro 2026

O Goberno municipal de Ribeira reuniuse na tarde deste luns 19 de xaneiro coa veciñanza de Corrubedo e Olveira dentro das xuntanzas que levará a tódalas parroquias para “fomentar a participación cidadá na política local”. O Concello salientou “a elevada participación destes dous primeiros encontros”, nos que houbo oportunidade de explicar as actuacións previstas en materia de servizos e infraestruturas a realizar, ademais de recoller as suxestións e resolver dúbidas.

A reunión na Casa do Mar de Corrubedo

A alcaldesa, María Sampedro, transmitiu que, froito da enquisa participativa cara o POS+2026, a obra que se prevé executar en Olveira ao ser a máis demandada é a do arranxo da pista deportiva do colexio. A maiores, despois do falado en Corrubedo, contémplase a posibilidade de propoñer a ampliación do parque infantil da Casa do Mar.

A sesión celebrada en Olveira

Tamén informou de que en datas vindeiras adxudicarase a pavimentación da rúa Bos Aires, a arteria principal de Corrubedo; e para Olveira está pendente de licitar o saneamento en Cristal e a pavimentación dos accesos no camiño ao aparcamento das Dunas.

Outra das medidas para “unha comunicación máis fluída coa cidadanía será a posta en marcha dunha canle para a transmisión de incidencias por parte dos veciños e veciñas”.

As demandas da maioría da veciñanza asistente a estas reunións focalizáronse nos mantementos (rozas, limpezas, arranxo de estradas e puntos de luz), así como na mellora da seguridade viaria mediante sistemas a avaliar para a redución da velocidade da velocidade en determinados lugares onde se excede o límite.

Os membros do Executivo local comprometéronse a “estudar tódalas propostas”, entre elas, a da mellora da iluminación pública, que, segundo indicaron, “vese reforzada nos orzamentos municipais do 2025 con 60.000 euros”.

“Seguiremos con estas reunións veciñais no resto de parroquias. Consideramos que estas dúas primeiras foron moi frutíferas e xerouse unha boa dinámica de grupo cara a analizar melloras a acometer. Queremos construír unha Ribeira mellor e, para iso, adquirimos un compromiso cos veciños no que é fundamental escoitar para acertar”, en palabras da rexedora, María Sampedro.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...