O Concello de Ribeira repartirá 6.000 euros no festival de murgas e comparsas do Entroido

21 Xaneiro 2026

O Concello de Ribeira prepara todo xa para vivir o seu Entroido. Por iso, publicou xa as bases do concurso do desfile de murgas e comparsas de Ribeira neste 2026, o cal repartirá 6.000 euros en premios e gratificacións. O dito festival desenvolverase no martes, 17 de febreiro, festivo local, a partir das 17.00 horas, nunha carpa que se instalará no Malecón.

Carla Núñez e Marcos López, facianas do podcast Todo Mal, exercerán de presentadores dunha gala onde non faltará a retranca e o humor.

“Quecemos xa motores para o que nos depara o Entroido en Ribeira. Este é só un adianto da programación cultural e festiva na que estamos traballando para dinamizar o noso municipio e vivir estas datas como se merecen. E non podía faltar o tradicional festival de murgas e comparsas que contará con dous presentadores excepcionais como son Carla Núñez e Marcos López, do podcast Todo Mal, polo que as risas e a interacción co público están máis que aseguradas”, indicou a concelleira de Cultura, Ana Barreiro.

Tal e como se recollen nas bases, establécense tres categorías: murgas adultos, murgas infantís e comparsas. A data límite de inscrición é o domingo, 8 de febreiro. Esta formalizarase presentando a documentación no Rexistro Xeral do Concello, ben sexa de maneira presencial ou telemática a través da sede electrónica municipal).

A contía de 6.000 euros destinada a este evento divídese do seguinte xeito: 3.200 euros para as gratificacións e 2.800 euros para os premios. As gratificacións por participación serán dun máximo de 200 euros por cada murga adulta, infantil ou comparsa. No caso de que algunha entidade ou asociación estea representada en murga e comparsa, a gratificación será en conxunto por un importe de 299 euros. As murgas na categoría de adultos poderán optar a un primeiro premio de 1.000 euros, un segundo de 600 euros, un terceiro de 400 euros ou a distinción á mellor murga local con 800 euros. Toda a información detallada e anexos están dispoñibles na web municipal.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.