O Concello de Ribeira organiza unha serie de reunións veciñais (primeiras paradas en Corrubedo e Olveira este luns 19)

14 Xaneiro 2026

O Concello de Ribeira promove unha serie de reunións veciñais na senda de fomentar a participación cidadá na acción do goberno municipal. Estes encontros servirán para poñer en común necesidades e dúbidas, ademais de servir para explicar as accións en materia de servizos e infraestruturas a realizar. As parroquias de Corrubedo e Olveira constitúen a primeira parada no luns, 19 de xaneiro. En Corrubedo terá lugar na Casa do Mar, ás 18.30 horas; mentres que o lugar elixido para Olveira será a Casa da Cultura, ás 20.00 horas.

Segundo manifesta a alcaldesa, María Sampedro, “queremos que a cidadanía non só sinta que é o foco da política municipal, senón que tamén tome parte dela. Este é o motivo destas reunións veciñais que nacen co obxectivo de construír unha Ribeira mellor entre todos a través da escoita activa. Deste xeito, os propios veciños e veciñas terán ocasión de trasladarnos actuacións necesarias a realizar, intercambiar puntos de vista e coñecer a acción do goberno local para cada unha das parroquias. Xa comezamos nesta senda de participación veciñal coa enquisa participativa para o POS+2026 e agora promovemos estes encontros”. As reunións no resto de parroquias definiranse en próximas datas.

Outros artigos

Unha recreación virtual do Castro de Baroña, premiada pola UDC

Contribuír á dinamización, difusión e uso da lingua galega no eido universitario, promovendo a súa presenza nos proxectos académicos e recoñecendo traballos que poñen en valor a cultura, o patrimonio e a realidade social de Galicia é o obxectivo dos premios aos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.