O Concello de Ribeira habilita un formulario participativo de cara ao POS 2026

02 Xaneiro 2026

O Concello de Ribeira habilitou un formulario participativo para a planificación das actuacións a incluír no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña (POS 2026). Segundo explica a alcaldesa, María Sampedro, o obxectivo é coñecer as inquedanzas da cidadanía en canto a obras e servizos básicos necesarios a acometer en todo o municipio. As propostas poden facerse dende hoxe e ata o 11 de xaneiro a través da web municipal.

Os apartados a cubrir son o título da necesidade, a descrición da mesma e a parroquia. “Cara a elaboración das obras a levar no POS 2026 queremos ter en conta a opinión dos nosos veciños e veciñas. Somos conscientes de moitas das necesidades froito da escoita activa, pero tamén queremos que teñan a oportunidade de facelo por escrito, sobre todo, aquelas persoas que non tiveron ocasión de facérnolo chegar en persoa. Hai que ter en conta deben ser proxectos financeiramente sostíbeis e que dean resposta a demandas dunha maioría social. Este Goberno municipal comprométese a ter en conta todas estas achegas procedentes de tódalas nosas parroquias”, en palabras da rexedora.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.