O Centro Arqueolóxico do Barbanza acolle unha actividade familiar para descubrir o museo

08 Xaneiro 2026

O Concello de Boiro, mediante o Centro Arqueolóxico do Barbanza, leva a cabo un programa piloto nomeado Viaxa ao pasado con Navia. Trátase dunha actividades pensada para desfrutar do museo en familiar e achegar aos máis pequenos a prehistoria dun xeito lúdico e participativo, segundo informaron fontes do museo, engadindo que durante a visita a rapazada recibirá un caderno de actividades e xogos co que poderán explorar o inmóbel ao seu propio ritmo, resolvendo retos, observando detalles e descubrindo curiosidades do pasado.

“Será unha experiencia autónoma a lúdica deseñada para público infantil”, sinalan.

Esta actividade servirá como proba piloto antes do lanzamento oficial do caderno, polo que a opinión das familias será fundamental para mellorar este novo recurso educativo.

A actividade terá lugar os días 23 e 24 de xaneiro entre as 10.00 e as 14.00 horas e entre as 16.30 e as 18.30 horas no Centro Arqueolóxico do Barbanza. Para participar é necesaria inscrición previa na web do centro.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.