O CCG afonda nas conexións internacionais de Galicia no podcast Seteventos, coa colaboración do palmeirán, Manuel Gago

27 Xaneiro 2026

O Consello da Cultura Galega vai rematar xaneiro lanzando o podcast Seteventos, un especial de gravacións en liña que rende homenaxe aos principais ventos galegos (Nortada, Vendaval, Soán, Poñente, Nordés, Levante e Ábrego) e, por extensión, aos camiños bidireccionais da nosa cultura e a nosa xente no mundo.

O novo podcast aborda (de feito) as interaccións de Galicia con outros países, culturas ou dinámicas históricas. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, destacou na presentación que o proxecto pretende “amosar a interacción entre Galicia e calquera outra dirección e, de paso, amosar o fondo enorme de gravacións e materiais do CCG”, mentres que o coordinador da Área de Produción de Contidos e Difusión, o palmeirán Manuel Gago, explicou que “encaixa nunha liña da institución de trasladar a cultura galega a todos os formatos”.

Na rolda de prensa tamén estiveron Gabri Fuentes e David Gesteira, autores do podcast, que parte da escolma de fitos, persoas ou acontecementos representativos para conectar con outras zonas do mundo empregando unha narrativa contemporánea.

Os sete episodios xa están dispoñibles en Ágora, a plataforma de podcast do CCG, así como nas principais plataformas: iVoox, Spotify e YouTube.

Seteventos estrutúrase en sete episodios guiados polas sete correntes, que se acompañan coas ilustracións de Andrea López.

O primeiro episodio, Nortada, aborda as conexións de Galicia con Irlanda e a Bretaña, explorando as correntes culturais e históricas que chegan do norte.

O segundo episodio, Vendaval, trae os aires de Portugal, afondando nas relacións de proximidade e intercambio co país veciño.

No terceiro episodio, Soán, a mirada amplíase cara a Madrid, mentres que o cuarto episodio, Poñente, abre o horizonte transatlántico cara a México, Cuba, Estados Unidos e Panamá, espazos clave da diáspora galega.

No quinto episodio, Nordés, achégase ás influencias europeas.

O percorrido continúa con Levante, dedicado ás relacións co Mediterráneo e Asia, e péchase con Ábrego, que mira cara ao sur, á Arxentina e ao Uruguai.

No proxecto participaron máis dunha ducia de nomes, entre os que se atopan Ana Boullón, Xosé Manoel Núñez Seixas, Rebeca Blanco-Rotea e Javier Serrano Alonso, entre moitos outros. O proxecto emprega diferentes técnicas, como diálogos, cortes de audios xa existentes, entrevistas, ficcións sonoras e outros recursos sonoros.

Ademais, na web do CCG proporciónanse as ligazóns aos materiais e recursos que se citan en cada unha das historias narradas.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.