O Calendario Solidario 2026 de Ambar, dispoñíbel para a súa compra en Trastiños Puericultura (Ribeira)

15 Xaneiro 2026

Dende esta semana o establecemento Trastiños Puericultura, en Ribeira (para praza Uxío Novoneyra), é o punto de venda físico do Calendario Solidario 2026 da asociación inclusiva Ambar en Santa Uxía: unha importante e útil publicación da asociación con sede en Frións con fotos de grandes series realizadas por Pichero Estudio Fotográfico. Os prezos son os seguintes: 7 euros para o modelo de parede e 3,50 euros para o modelo de mesa.

Dende Ambar lembran que ademais da posibilidade de mercalo en tenda física, hai outras formas de adquirir o calendario web de Ambar (con pedido en liña e envío a domicilio), por teléfono (981 874 480) ou ben por correo electrónico (correo@asociacionambar.org).

A compra do calendario, informan dende Ambar, é moito máis que unha sinxela adquisición: “É un directo para o traballo de inclusión social e laboral que facemos cas persoas con diversidade funcional”, sinalan.

A nova publicación, como dixemos, está adicada ao mundo das series de ficción e busca novamente visibilizar o talento das persoas usuarias da entidade.

O Calendario Solidario 2026 é froito dun intenso traballo creativo entre o fotógrafo Pichero e Ambar onde os participantes recrearon as cartelas das seguintes series: Asalto al Banco Central, Atasco 2, Matices, En Fin, El Jardinero, Allí Abajo, La Ley del Mar, Respira, Furia, Las Abogadas, La Mesías e Animal.

Para a súa publicación, a asociación inclusiva do Barbanza quixo agradecer o apoio do Concello da Pobra do Caramiñal (que habilitou o Teatro Cine Elma para a presentación do calendario) e dos patrocinadores que fixeron posíbel este proxecto: Serdeco, Coyamar, Mobalco, Río Blanco, Solarz, Zeta, Fripusa, Avogado Pablo Ferreirós Vidal, Cepsa Santa Uxía de Ribeira, Marxe Artes Gráficas, Electro Vidal, García Sánchez, A Poutada, Alvarez Riveira e Pichero Estudio Fotográfico.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...