O BNG vota a favor da proposta popular en Ribeira en políticas sociais e esixe á Xunta un financiamento xusto do SAF

13 Xaneiro 2026

O BNG apoia a proposta do PP para investir 153.000 euros en políticas sociais en Ribeira e esixe á Xunta un financiamento xusto do Servizo de Axuda no Foga

Este luns 12 de xaneiro de 2026 celebrouse en Ribeira un pleno extraordinario da Corporación para decidir o destino de 153.000 euros procedentes da Deputación da Coruña. A proposta foi aprobada por unanimidade co obxectivo de destinar os fondos a investimentos sociais ligados á dependencia e axudas para persoas maiores.

O ex-alcalde e portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, puxo en valor que “este investimento supón un incremento duns 20.000 euros con respecto ao ano anterior” e destacou que varias das actuacións que se consolidan neste exercicio “son froito do traballo realizado polo BNG durante a súa etapa no goberno municipal”. Entre elas salientou a liña de axudas de 25.000 euros para a adaptación de vivendas das persoas maiores e dependentes, destinada a mellorar a accesibilidade nos fogares ou á adquisición de próteses e audífonos, unha medida impulsada en 2025 e que se mantén en 2026 debido ao seu éxito. Tamén valorou “a creación dunha nova axuda de 10.000 euros para respiro familiar, destinada a ofrecer apoio temporal ás familias coidadoras”.

A maior parte dos fondos, 118.000 euros, destinaranse a sufragar o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Neste marco, o BNG criticou duramente “o infrafinanciamento crónico da Xunta de Galiza”, lembrando que “o Concello de Ribeira está a asumir case 700.000 euros anuais de recursos propios para poder manter este servizo esencial”.

“Estamos ante un modelo inxusto no que mentres a Xunta recorta, os concellos pagan”, sinalou o portavoz nacionalista, lembrando que “os Orzamentos da Xunta para 2026 volven reducir a partida destinada ao SAF, acumulando recortes por valor de 35,5 millóns de euros entre 2024 e 2025, malia tratarse dun servizo básico recollido na Lei de Dependencia”.

Desde o BNG tamén se criticou a negativa do PP a apoiar no Parlamento galego a proposta nacionalista para incrementar de 12 a 17 euros/hora o financiamento da Xunta aos concellos, como paso previo a acadar os 20 euros/hora en 2027, unha medida que “permitiría aliviar a carga económica das administracións locais e mellorar a calidade do servizo”. O BNG dixo que a Xunta “non ten vontade para acadar un acordo no marco da FEGAMP” e denunciou que “se priorice a propaganda e os bonos fronte a un financiamento estrutural e suficiente dos coidados”.

Porén, o grupo nacionalista votou a favor da proposta por, sinalaron, “considerala beneficiosa para Ribeira”, ao tempo que reiterou a súa esixencia de que a Xunta asuma a súa responsabilidade. “Os coidados son un dereito e non poden depender da boa vontade dos concellos”, concluíu o portavoz, asegurando que o BNG seguirá defendendo aquí, no Parlamento e onde faga falta un Servizo de Axuda no Fogar digno, ben financiado e pensado para as persoas.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.