Muros vibrou este luns 5 coa espectacular visita dos Reis Magos

06 Xaneiro 2026

A AC Fouleada e o Concello de Muros organizaron un amplo programa de actividades festivas e de lecer para recibir e acompañar, este luns 5 de xaneiro en boa parte do concello muradá, ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente.

Pola mañá, a comitiva do Carteiro Real percorreu por última vez a vila para recoller as cartas aínda pendentes.

A partir das 15:00h comezou a formarse a comitiva na Escola de San Xosé.

As 17.30h, partiu a espectacular Cabalgata desde Laxeiras ata o Curro da Praza.

Foi, en palabras da alcaldesa María Lago, “unha gran mostra de agarimo do pobo de Muros cara as Reis Magos”.

Lembrar que estivo habilitada unha zona silenciosa para persoas neurodiverxentes: para aquelas persoas con necesidades sensoriais, ou que prefiran desfrutar do desfile sen ruído, habilitouse un treito sen música, que foi desde o IES Fontexería ata a rotonda da Tremenda.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.