“Medidas reais e valentes” – José Manuel Pena

13 Xaneiro 2026

Programas de radio e televisión, mesmo nos medios de comunicación escritos, case todos os días, falando sobre a problemática da vivenda en España. Todos coinciden en que, actualmente, supón unha gran dificultade para poder pagar o alugueiro dunha vivenda pero poucos adoptan medidas reais e valentes para atopar unha solución.

Escoitar a responsables da dereita española como Feijóo, Rueda, Ayuso ou Bonilla falar de “okupación” é evidente de que non queren atopar unha solución moito menos cando, o Partido Popular, leva gobernando a Xunta de Galicia 40 anos e na Comunidad de Madrid ao longo de máis de 30 anos.

Unicamente preocupáronse de vender vivendas públicas a fondos de investimento ou grupos inmobiliarios, deixando vía libre á usura e á especulación de moito propietarios ou grandes propietarios para que se continúen lucrando á conta dun ben esencial. Pasamos da usura bancaria á particular, duns grandes propietarios inmobiliarios sen escrúpulos.

Actualmente é moi urxente establecer un tope aos alugueiros, nas zonas tensionadas, principalmente das grandes cidades así como un maior control inspector das vivendas residenciais, de tempada ou turísticas, e incentivar a que se reduzan os miles de vivendas baleiras para que salgan ao mercado do alugueiro con total garantía, tanto para o arrendador como para o arrendatario.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...