María Sampedro fai entrega a Ágape do cheque cos 543 euros recadados na milla Heroínas de Sálvora

11 Xaneiro 2026


A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, entregaron os 543 euros recadados na VII Milla Solidaria Heroínas de Sálvora á Asociación Galega para o Acompañamento Persoal e Educativo (Ágape), representada pola súa presidenta, Ana Ruth Arnoso. A contía é o resultado das 200 persoas que participaron nesta cita que se celebra cada ano a principios do mes de xaneiro con motivo do afundimento do vapor-correo Santa Isabel na costa de Sálvora na madrugada do 2 de xaneiro de 1921, onde catro mulleres da illa tiveron un papel transcendental no rescate dos náufragos.

“Toda axuda é importante para o labor diario e vital que realiza o noso tecido asociativo. E aquí tamén se demostrou a solidariedade do pobo participando nunha cita que, nesta ocasión, recadou fondos a favor de Ágape. É loable este xesto por parte da cidadanía, así como o traballo de Abrahan Benítez, promotor do evento”, en palabras da rexedora.

Os fondos contribuirán a mellorar os servizos que ofrece Ágape ás persoas que forman parte desta entidade e, en consecuencia, redundará positivamente no conxunto da cidadanía.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.