María Sampedro e José López Campos abordan a renovación de infraestruturas culturais

15 Xaneiro 2026

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, reuniuse este xoves 15 de xaneiro co conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, para abordar cuestións vencelladas con estas áreas que resultan de especial relevancia para o termo municipal. En concreto, afondaron na renovación de infraestruturas culturais ou a programación de actividades, entre as que se atopan as conmemorativas do 25 aniversario do Museo das Artes do Gravado á Estampa Dixital.

Ademais, tamén analizaron as vantaxes que a adaptación da Lei do Patrimonio Cultural permitirá a este municipio do Barbanza, así como aos do resto da Comunidade, para axilizar trámites e garantir unha protección máis eficaz dos bens patrimoniais.

A rexedora considerou “frutífero este encontro”, para o que se desprazou a Santiago de Compostela, xa que puido coñecer máis polo miúdo e de primeira man as modificacións previstas na Lei de acompañamento dos Orzamentos para a Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia que, segundo dixo, “permitirán reducir os tempos de espera, tanto por parte da cidadanía como das institucións, co obxectivo de que o coidado do patrimonio non supoña un impedimento para o desenvolvemento de proxectos vitais ou profesionais neste concello”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.