Isabel Pintado, Alfonso Costa e Soledad Penalta participan este sábado en Noia nun diálogo directo sobre a súa arte

22 Xaneiro 2026

Noia vai ser esta finde, máis ca nunca, unha vila artística. Serao grazas á exposición colectiva Os trazos da paixón na que participan os artistas Isabel Pintado, Alfonso Costa e Soledad Penalta, que acudirán o sábado 24 de xaneiro para dialogar coa veciñanza sobre a súa obra. A cita será partir das 12.30 horas no Edificio do Casino, no primeiro andar. Será, en palabras do Concello, “unha ocasión especial para escoitar aos artistas, descubrir que hai detrás de cada trazo e compartir un intre arredor da arte”. A entrada será libre até completar aforo.

O Casino acolle dende o 20 de decembro a exposición Trazos de Paixón, que reúne obra de Alfonso Costa, Isabel Pintado e Soledad Penalta, tres artistas cunha longa traxectoria que levaban tempo sen expoñer na vila.

A mostra pon en valor o traballo de tres artistas cunha fonda ligazón coa creación contemporánea galega. A proposta reúne a obra de Alfonso Costa, pintor noiés, Soledad Penalta, escultora noiesa, e Isabel Pintado, pintora e galega de acollida, cuxa traxectoria artística enriquece o diálogo cultural do país.

A mostra estrutúrase en catro espazos diferenciados no primeiro andar do edificio:

Un espazo dedicado á escultura de Soledad Penalta.

Un espazo de pintura de Alfonso Costa.

Un espazo de pintura de Isabel Pintado.

Un espazo común, no que dialogan as obras dos dous pintores nunha homenaxe a María Casares, figura esencial da cultura galega.

Inauguración da mostra o pasado mes de decembro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.