Gardacostas de Galicia rescata unha balsa salvavidas dun mercante maltés na praia fisterrá Mar de Fóra

23 Xaneiro 2026

Gardacostas de Galicia rescatou na mañá deste venres 23 de xaneiro unha balsa salvavidas na praia Mar de Fora de Fisterra. Os axentes do servizo autonómico actuaron en canto recibiron o aviso do 112, comprobando que a embarcación pertence ao mercante estranxeiro Karekare, con bandeira maltesa, e que pasou navegando a pasada noite fronte á costa fisterrá.

Segundo as pescudas realizadas polo dispositivo despregado, correspondente á Unidade Operativa que Gardacostas ten en Muxía, determinouse que o buque puido perder a balsa nun golpe de mar, provocado pola borrasca Ingrid que desde as últimas horas mantén a costa galega en alerta vermella.

Outros artigos

O servizo de Gardacostas de Galicia retira do mar 371 nasas ilegais

O servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, retirou 371 nasas fondeadas de xeito irregular na última semana de controis e inspeccións desenvolvidos por terra e mar na costa galega. Ademais destas artes para crustáceos e cefalópodos, o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.