Domingo 4, Galicia mantense baixo a influencia da borrasca Francis cun acusado descenso das temperaturas

03 Xaneiro 2026

Galicia continuará un día máis baixo os efectos residuais da borrasca Francis, situada ao sur da península Ibérica, e do anticiclón localizado ao oeste de Irlanda. Esta combinación manterá unha situación atmosférica de contraste, con ceos máis nubrado canto máis ao sur, aínda que en xeral o tempo permanecerá seco.

No extremo norte poderanse rexistrar algúns chuvascos ocasionais, mentres que nas restantes áreas predominarán as nubes sen precipitacións significativas. As temperaturas descenderán de maneira notable ao longo da xornada, con xeadas previstas no interior da comunidade (2 graos de mínima no interior e 11 de máxima na costa).

Os ventos soprarán con forza do nordés, especialmente no litoral norte e nas zonas altas do interior, onde poderán acadar refachos intensos durante as primeiras horas do día.

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés, forza 6 a 7 á mañá, 5 a 7 á tarde e 5 a 6 á noite. Media vaga á mañá e á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 1 a 1.5 metros á mañá e 0.5 a 1 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.