As Súas Maxestades de Oriente percorren A Pobra dende primeira hora da mañá

05 Xaneiro 2026

A apertada axenda de visitas e recepcións dos Reis Magos inclúe como non podía ser doutra maneira o concello da Pobra do Caramiñal. As actividades arrincaronn pola mañá, cun percorrido polas distintas parroquias en convertíbel (descapotábel) e pola tarde tomarán na tradicional Cabalgata e na ofrenda e recepción real.

O percorrido matinal comezou ás 10.30 horas desde a aldea da Tomada para visitar as distintas parroquias e lugares do termo municipal. Esta ruta retransmitiuse vía streaming a través da canle de Facebook do Concello da Pobra de Caramiñal.

Ademais, ás 12.30 horas os Reis Magos desprazáronse á Residencia de Maiores da Pobra.

O alcalde, José Carlos Vidal, e a concelleira de Servizos Municipais, Estefanía Ramos, recibiron ás Súas Maxestades de Oriente.

O alcalde, José Carlos Vidal, e a concelleira de Servizos Municipais, Estefanía Ramos, recibiron ás Súas Maxestades de Oriente.

Pola tarde, a Cabalgata polo centro da vila dará comezo ás 17.00 horas. Neste caso, as Súas Maxestades partirán desde o peirao comercial (estación de autobuses) e pasarán polas rúas Díaz de Rábago, da Paz e Gasset ata chegar á liña de meta: o pavillón da rúa Venecia. O tour real estará amenizado pola música dos grupos Troula co séquito do carteiro real, Barafunda Animación e Fanfarria Furruxa.

O pavillón da rúa Venecia acollerá, ás 18.00 horas, a ofrenda ao neno Xesús, o discurso dos monarcas e a posterior recepción, momento no que os máis pequenos e pequenas poderán facerlles as súas peticións aos Reis Magos. Esta parte da xornada estará amenizada pola música dun dj e haberá tamén reparto de roscón para as persoas asistentes.

Pola tarde, a Cabalgata polo centro da vila dará comezo ás 17.00 horas. Neste caso, as Súas Maxestades partirán desde o peirao comercial (estación de autobuses) e pasarán polas rúas Díaz de Rábago, da Paz e Gasset ata chegar á liña de meta: o pavillón da rúa Venecia.

A xira real estará amenizado pola música dos grupos Troula co séquito do carteiro real, Barafunda Animación e Fanfarria Furruxa.

A instalación municipal acollerá, ás 18.00 horas, a ofrenda ao neno Xesús, o discurso dos monarcas e a posterior recepción, momento no que os máis pequenos e pequenas poderán facerlles as súas peticións aos Reis Magos. Esta parte da xornada estará amenizada pola música dun DJ e haberá tamén reparto de roscón para as persoas asistentes.

Coordinación

O Concello da Pobra incidiu na importancia do “traballo coordinado entre o persoal dos servizos de emerxencia, da policía local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, así como do resto de persoas voluntarias que intervirán na xornada”. A concelleira Estefanía Ramos agradeceu á Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Caramiñas, que “ceden os traxes de todos os paxes, do séquito e comitiva real”.

A previsión é que, ao longo da actividade se repartan uns 1.200 kg de caramelos sen glute.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.