As Rías Baixas e Santiago agardan un sábado de ceos nubrados e chuvias ao final do día. Domingo ceo anubrado e chuvias aumentando cara a noite

09 Xaneiro 2026

As Rías Baixas e a área de Santiago vivirán este sábado 10, unha xornada marcada pola inestabilidade atmosférica, ao quedar Galicia nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións, coa chegada dunha fronte pouco activa nas últimas horas do día.

Durante a mañá predominarán os ceos nubrados, con posibilidade de chuvascos illados e ocasionais, especialmente nas zonas do oeste da comunidade, polo que non se descartan precipitacións puntuais nas comarcas das Rías Baixas e na contorna compostelá.

Será xa a partir da tarde e, sobre todo, pola noite cando a fronte avance de oeste a leste deixando chuvias máis continuadas. As precipitacións serán máis intensas na franxa atlántica, polo que as Rías Baixas concentrarán os rexistros máis destacados, mentres que en Santiago as chuvias irán gañando presenza co paso das horas.

As temperaturas manteranse sen cambios significativos, con valores acordes á época do ano. No que respecta ao vento, soprará do sur-suroeste con intensidade moderada no litoral das Rías Baixas, con intervalos fortes cara ao final do día en zonas expostas da costa atlántica, mentres que no interior, incluída a área de Santiago, o vento será máis frouxo.

meteogalicia

O domingo teremos ceos moi nubrados en xeral, precipitacións febles na metade oeste durante o día, aumentando de intensidade e xeneralizándose pola noite.

O noso mar:

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.