A xuventude ribeirense dá a benvida ao ano novo na carpa de Bandaurrío

01 Xaneiro 2026

Coma marca a tradición de cada inicio de ano, a xuventude de Ribeira sacou as súas mellores galas para celebrar a primeira noite do ano. Poucos foron os que pasaron pola carpa de Bandaurrío sen a clásica camisa branca, estreada para a ocasión e acompañada do elixir nocturno que dita a costume.

As rúas arrecendían a destilados e ao fume das casas, mentres os farois iluminaban unha noite marcada polo orballo e unhas temperaturas frescas. O frío, porén, quedaba en segundo plano grazas ás bebidas e ao ambiente festivo.

Coa instalación da carpa e a actuación dun DJ, o Concello ofreceu unha alternativa ao tradicional wateque do Baiuca. A proposta, non obstante, xerou opinións diversas entre a mocidade, que sinalou que a música resultaba “demasiado comercial”.

A pesar diso, a noite transcorreu sen incidentes. A xuventude de instituto concentrouse nas beirarrúas de Bandaurrio, arroupada polos faladoiros, as ledicias da madrugada e a espera dos churros do amencer, pechando así unha celebración tranquila e sen sobresaltos. (Luís Pérez Crujeiras)

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.