
As Súas Maxestades de Oriente anuncian que xa están de camiño do Barbanza para levar a ilusión á rapazada o vindeiro 5 de xaneiro. As recepcións aos Reis Magos e cabalgatas complementarias van obrigar aos nosos concellos a adoptar plans específicos de seguridade e loxísticos que comezan con medidas para evitar aglomeracións nas estradas.
Dende a Policía Local de Ribeira, sabedora de que “son moitos os nenos e nenas que van acudir a velos na Cabalgata do día 5 de xaneiro”, compartiron información nas redes sobre os moitos estacionamentos públicos dos que botar man, “para evitar retencións de tráfico innecesarias nos intres de maior actividade nas rúas”.
Estacionamentos ao aire libre
Estacionamentos soterrados
Aparcadoiro público do Centenario (tarifas reducidas)



