A Policía de Rianxo adquire formación e equipamento para achegar resposta ante paradas cardiorrespiratoria

25 Xaneiro 2026

O Concello de Rianxo informou estes días da recente renovación do parque móbil da Policía Local de Rianxo.

O propio alcalde Julián Bustelo explicou que os novos vehículos están dotados de Desfibriladores Externos Semiautomáticos (DESA), un dispositivo que permite actuar dunha maneira inmediata ante unha parada cardiorrespiratoria.

O persoal da Policía Local participou este sábado 26 unha xornada formativa en Soporte Vital Básico (SVB) e uso de DESA. Foi unha sesión formativa de reciclaxe en primeiros auxilios e sobre a utilización de desfibriladores externos semiautomáticos (DESA), que foi impartida polo técnico Mariano Moares, para así poder garantir unha resposta máis eficaz ante calquera emerxencia.

Ademais tamén se actualizaron coñecementos sobre a realización de probas de alcohol e drogas, para reforzar a seguridade viaria no concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.