A Pobra ultima a elaboración dun plan municipal “pioneiro” fronte aos apagamentos

18 Xaneiro 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal disporá dun plan municipal de apagamentos. Así o confirmou o alcalde, José Carlos Vidal, sinalando que se trata dunha “iniciativa pioneira na que Protección Civil leva meses traballando e que está xa moi avanzada”. Tanto é así, que a previsión é que o documento poida estar concluído durante a primavera para a súa posterior aprobación en pleno. Este documento, sinalou o rexedor, xorde a raíz do apagamento eléctrico de gran alcance rexistrado no pasado mes de maio, que afectou a España, Portugal e zonas de Francia, e persegue un obxectivo claro: “Garantir a seguridade da cidadanía e a continuidade dos servizos esenciais ante situacións de emerxencia semellantes”.

Para acadar este obxectivo, o plan estrutúrase arredor de dous eixes fundamentais. Por unha banda, asegurar as vías de comunicación entre os corpos e forzas de seguridade e os servizos de emerxencia. Pola outra, preservar o funcionamento de instalacións e prestacións clave, como a base de Protección Civil, as dependencias da Policía Local, o Centro de Saúde e a Residencia de Maiores da Pobra do Caramiñal.

Como lembra o xefe da Agrupación de Protección Civil, David Cardalda, nas horas do apagamento atendéronse numerosas incidencias, “algunhas de importancia”. Entre elas, apunta a xestión dun incendio e a alerta polo lanzamento dunha bengala vermella entre O Conchido e Boiro. Ante a caída da rede móbil, ambas intervencións foron coordinadas mediante radio e a canle de salvamento marítimo. “O noso sistema de comunicacións dixital non caeu en ningún momento, conta cunha ampla autonomía e non tivemos problemas de comunicación”, explicou. A raíz disto, e en coordinación coa Alcaldía, estudouse a posibilidade de confeccionar un plan específico para blindar prestacións e instalacións “esenciais” ante situacións de emerxencia similares.

Así, fíxose un estudo detallado dos puntos críticos nun escenario similar: o Centro de Saúde e a Residencia de Maiores da Pobra do Caramiñal, así como a propia base de Protección Civil e as dependencias da Policía Local. Trátase de servizos que deberían seguir en funcionamento en caso de producirse unha situación similar.

Actualmente, o Centro de Coordinación Operativa Municipal (CECOPAL) está situado na base de Protección Civil e dispón dun xerador con capacidade e autonomía para que poida estar activo en caso de caída eléctrica. A previsión é adaptar as distintas instalacións eléctricas para poder conectar, de xeito rápido e eficaz, un xerador en caso de que volva a repetirse esta situación, garantindo o funcionamento de todas as dependencias esenciais.

Ademais de garantir a subministración eléctrica, as redes de comunicación supoñen outra das liñas mestras do documento. Neste caso, a idea é facer extensivo o sistema de comunicacións VHF dixital co que xa traballa Protección Civil e manter, ademais, os dispositivos antigos analóxicos por se fose necesario o seu uso.

No caso do VHF, trátase dun sistema de radio bidireccional empregado na coordinación de emerxencias e que é independente da rede eléctrica e da telefonía. A idea é que o Concello (a través do propio alcalde), a Policía Local, o centro de saúde e á residencia de maiores dispoñan de dispositivos similares para que exista unha comunicación continuada segura e autónoma en situacións de crise. 

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.