A Pobra solicitará informes á Demarcación de Costas do Estado e á Xunta tras o último vertido na Ribeiriña

20 Xaneiro 2026

O Concello solicitará informes á Demarcación de Costas do Estado, á Xunta de Galicia e ao Instituto Tecnolóxico do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR) tras o último vertido rexistrado na Ribeiriña. Así o confirmou o concelleiro de Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, que incidiu na necesidade de “concretar que actuacións se levarán a cabo para pór fin a estas verteduras que teñen un grave impacto a nivel medioambiental”.

Tal e como explicou o edil, o Concello non recibiu “ningunha comunicación oficial” por parte dos organismos competentes en relación co último episodio, acontecido hai aproximadamente unha semana. A pesar desta falta de información previa, o Concello puido saber que a vertedura foi “de escasa entidade” e que quedou solucionada poucas horas despois grazas á intervención do servizo de Salvamento da Xunta de Galicia.

Con todo, Piñeiro subliñou que “malia tratarse dun episodio de pouca envergadura, resulta esencial que esta situación se resolva á maior brevidade posible”. Por este motivo, o Concello pedirá informes ás distintas administracións con competencias na zona —a Demarcación de Costas do Estado, pola obra executada na contorna hai uns anos, e a Xunta de Galicia, como administración competente en materia de costas— así como ao INTECMAR.

Así mesmo, o concelleiro avanzou que se solicitará a documentación relativa á investigación analítica realizada pola Demarcación de Costas e na que, segundo as informacións publicadas nos últimos días, “foi constatada a presenza de hidrocarburos que se filtran ao mar, especialmente en días de mal tempo”. Ademais, o Concello interesarase polo estado de tramitación e os prazos de presentación do proxecto que a Demarcación de Costas debería presentar no prazo de tres meses.

Outros artigos

A Banda de Noia abre as portas a un novo curso

Xa está aberto o prazo de matrícula na Escola de Música da Banda de Noia para o curso 2026/27, en palabras do Concello "unha oportunidade para aprender, gozar da música e formar parte dunha entidade que leva xeracións poñendo banda sonora á nosa vila". Haberá...

+

En Rianxo, a AECC pon en marcha o Club de Saúde

A Asociación Española Contra o Cancro pon en marcha en Rianxo o Club de Saúde, un programa gratuíto e dirixido a persoas con cancro, superviventes e familiares. De setembro a novembro, comezando o 24 de setembro, celebraranse oito obradoiros de saúde física, emocional...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La Inteligencia Artificial (IA) ya ha empezado a destruir empleo en empresastecnológicas y de otros sectores, una tendencia global que también comienza a sentirseen España. La Fundación de las Cajas de Ahorro (FUNCAS) presentó hace unos mesesun estudio sobre el...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.