A Pobra converteuse nunha festa para recibir ás Súas Maxestades de Oriente

05 Xaneiro 2026

Centos e centos de persoas asistiron na tarde deste 5 de xaneiro á Cabalgata que os Reis Magos realizaron polo centro da vila da Pobra do Caramiñal.

Ao son da música dos grupos Troula co séquito do carteiro real, Barafunda Animación e Fanfarria Furruxa, as Súas Maxestades de Oriente partiron desde o peirao comercial e pasaron polas rúas Díaz de Rábago, da Paz e Gasset ata chegar á liña de meta: o pavillón da rúa Venecia.

O pavillón da rúa Venecia acolleu, ademais, a ofrenda ao neno Xesús, o discurso dos monarcas e a posterior recepción, momento no que os máis pequenos e pequenas puideron facerlles as súas peticións aos Reis Magos.

Esta parte da xornada estivo amenizada pola música dun DJ e houbo tamén reparto de roscón para as persoas asistentes.

O alcalde, José Carlos Vidal, quixo formular tamén as súas peticións aos monarcas: “Pídolles, en primeiro lugar, que fagan realidade os vosos desexos, que o 2026 sexa un ano cheo de saúde e que sigades vindo á Pobra para cumprir as nosas peticións”. O rexedor aproveitou, así mesmo, para pedirlles aos nenos e nenas, protagonistas da xornada, que non deixaran “de crer na maxia do Nadal”. 

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.