A Misela ofrecerá un concerto de Aninovo no novo Auditorio Municipal de Ribeira

02 Xaneiro 2026


Ribeira segue dando a benvida ao 2026 con música. O grupo A Misela de Noia ofrecerá un concerto de Aninovo no domingo, 4 de xaneiro, ás 19.00 horas, no novo Auditorio municipal.

Trátase dunha das preto de 30 actividades ao abeiro da programación do Nadal Cultural 2025-2026 posta en marcha pola Concellería de Cultura para estas datas. “O novo Auditorio municipal eríxese como epicentro cultural e proba disto son a cantidade de propostas que teñen lugar nesta instalación municipal durante esta época. Acabamos de dar a benvida ao 2026 e, por tal motivo, teremos este concerto cun extenso repertorio a cargo dun coñecido grupo da zona como é A Misela”, en palabras da concelleira de Cultura, Ana Barreiro.

A entrada é gratuíta ata completar o aforo e a apertura de portas farase media hora antes do inicio da actuación.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.