A Deputación destina este ano máis de 2,3 millóns para a mellora da calidade do sector turístico

21 Xaneiro 2026

O programa DP0030 da Deputación da Coruña, destinado ao financiamento das actividades que, en materia de calidade, competitividade, organización de eventos e iniciativas turísticas, realicen en 2026 os entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios de turismo, terá un orzamento de máis de 2,3 millóns de euros.

Entre o 22 de xaneiro e o 16 de febreiro estará aberto o prazo de presentación de solicitudes, que deberán tramitarse por vía telemática, a través da plataforma SUBTEL, accesíbel desde a sede electrónica da Deputación.

A Administración provincial convoca esta liña de subvencións como parte da súa política de apoio a entidades locais, supramunicipais, asociativas e mixtas para o fomento da creación de produtos turísticos, mellora da difusión e posicionamento turístico do territorio, fomento da profesionalización no sector e avances na calidade deste segmento de mercado, co financiamento de áreas coma a formación, o deseño de plans ou o desenvolvemento de actividades.

O vicepresidente e titular de Turismo, Xosé Regueira, destaca  que as axudas “facilitarán a promoción dos oito xeodestinos da provincia cun turismo de calidade, sempre apostando pola colaboración público-privada e sectorial para contribuír á competitividade e á innovación”.

Amais, dixo, “queremos favorecer a implantación e desenvolvemento de proxectos europeos de economía azul para potenciar o turismo náutico sustentábel, nun litoral coma o da provincia da Coruña que conta con 956 quilómetros de cost”».

Alén disto, o programa permitirá, segundo Regueira, “seguir dándolle impulso á gastronomía como recurso turístico, organizando eventos diferenciadores e creando produtos innovadores, e atendendo sempre á sostibilidade ambiental e á xeración de emprego no rural”.

As bases da convocatoria está publicadas no BOP do 13 de xaneiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.