A ABE pecha a campaña de Nadal cun sorteo presencial multitudinario e miles de visitantes na primeira edición do Parque de Nadal

04 Xaneiro 2026

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) puxo este sábado 3 de xaneiro o broche final á súa campaña de Nadal cun sorteo presencial no Polideportivo da Cachada, nun acto que reuniu a miles de persoas e que confirmou, unha vez máis, a forte implicación da veciñanza co comercio local de Boiro.

O evento, presentado pola actriz boirense e gañadora do Premio María Casares, Marta Ríos, e amenizado pola música de DJ Moe, desenvolveuse nun ambiente festivo, familiar e participativo, converténdose no colofón perfecto a varias semanas de intensa actividade de dinamización comercial

Antes do sorteo principal, tivo lugar a apertura da caixa do correo dos Reis Magos, unha das accións máis emotivas da campaña, na que se premiaron tres cartas con 100 euros en Bonos ABE cada unha, destinados á celebración do aniversario dos nenos e nenas premiados, Nahia, Elsa e Mia.

A continuación celebrouse o sorteo principal dos 3.000 euros en Bonos ABE, repartidos en tres premios de 1.000 euros que se poderán usar sen caducidade nin limitacións nos 211 negocios asociados, extraídos un a un entre as rifas validadas ao longo da campaña.

As persoas premiadas foron:

1º premio (1.000 €): Rafael Carreira

2º premio (1.000 €): Paula Alonso

3º premio (1.000 €): Balbina Dosil

Os premios foron entregados polo secretario da ABE, Santiago Cajaraville polo concelleiro de Comercio, Roberto Lojo e polo presidente da ABE, Daniel García , respectivamente, culminando o acto cunha foto final de familia no escenario.

Durante a súa intervención, o presidente da Asociación Boirense de Empresas, Daniel García, que apareceu no escenario vestido de “paxe real do comercio local” quixo poñer en valor “o enorme esforzo realizado polos negocios locais e pola propia ABE para ofrecer unha campaña ambiciosa, atractiva e pensada para as familias”. Segundo destacou, o sorteo é só a parte máis visíbel dun traballo que leva semanas detrás, co obxectivo de xerar movemento, consumo responsábel e vida nas rúas de Boiro.

Daniel García subliñou tamén o éxito da primeira edición do Parque de Nadal da ABE, que ao longo das festas recibiu a miles de visitantes, converténdose nun espazo de encontro para as familias e nun importante foco de atracción de público para o comercio e a hostalería local. “A acollida superou todas as expectativas e demostra que cando se aposta por iniciativas de promoción comercial pensadas para as familias, Boiro responde”, sinalou.

Desde a ABE quixeron agradecer expresamente “a confianza dos clientes, a implicación dos 211 negocios asociados e a colaboración do Concello de Boiro, da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia”, destacando que este traballo conxunto é clave para seguir impulsando campañas que reforcen o tecido empresarial local.

Con este sorteo e co balance moi positivo do Parque de Nadal, a Asociación Boirense de Empresas pecha “unha campaña de Nadal histórica”, consolidando o seu papel “como axente activo na dinamización económica e social de Boiro”, explicaron dende a patronal.

Outros artigos

A Deputación da Coruña reforza o apoio aos museos municipais

A Deputación da Coruña vén de aprobar provisionalmente a concesión de subvencións do programa FO216, destinado a concellos e entidades locais para financiar os gastos de persoal técnico encargado da atención nos museos e centros museísticos durante o ano 2026. En...

+

Unha recreación virtual do Castro de Baroña, premiada pola UDC

Contribuír á dinamización, difusión e uso da lingua galega no eido universitario, promovendo a súa presenza nos proxectos académicos e recoñecendo traballos que poñen en valor a cultura, o patrimonio e a realidade social de Galicia é o obxectivo dos premios aos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.