Xunta e Concello de Lousame analizan novas vías de colaboración para mellorar as infraestruturas deportivas do municipio

04 Decembro 2025

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reuniuse esta mañá co alcalde de Lousame, Esteban Ares, nun encontro no que tamén participaron o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e a concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo. A reunión permitiu abordar as principais necesidades do municipio e estudar posibles liñas de colaboración no marco do compromiso da Xunta co fortalecemento das entidades locais.

Durante a xuntanza, o alcalde de Lousame agradeceu a disposición do conselleiro a analizar a posibilidade de colaborar no financiamento da renovación do céspede do campo de fútbol municipal de Cabanetán, en Lesende. “Teño que agradecer que o conselleiro se comprometese a estudar a posibilidade de colaborar no financiamento da renovación do céspede do campo de fútbol municipal de Cabanetán, así como noutros proxectos que temos pensado para o municipio e que agardamos que se poidan poñer en marcha nos próximos meses”, indicou Esteban Ares.

A renovación do céspede suporá un investimento total de 204.781 euros, dos que o 80% será subvencionado a través dunha nominativa concedida pola Deputación da Coruña. Os 40.953 euros restantes serán achegados polo Concello de Lousame, que confía en completar esta achega grazas a unha aportación da Xunta de Galicia.

O alcalde aproveitou tamén o encontro para agradecer a colaboración do departamento que dirixe Diego Calvo noutros proxectos xa executados no municipio, como a construción dos novos vestiarios do campo municipal de fútbol da Silva, unha actuación cun investimento superior aos 340.000 euros e financiada en parte pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.