Xoves 4, nubes, chuvias e néboa marcarán o tempo na comarca e Santiago

03 Decembro 2025

Atención para xoves 04: situación moi complicada no litoral.

Galicia quedará este xoves nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, con circulación de ventos do oeste, o que deixará unha xornada de ceos variables e presenza de chuvascos, especialmente na metade norte da Comunidade. As precipitacións irán perdendo intensidade e frecuencia conforme avance o día.

Nos puntos de maior altitude, os chuvascos serán en forma de neve, aínda que de maneira débil. As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso, mentres que as máximas se manterán sen cambios significativos respecto a días anteriores.

O vento soprará de compoñente oeste, forte no litoral e moderado no resto do territorio.

O noso mar: Vento do oeste á mañá e á tarde e do sudoeste á noite, forza 4 a 6 á mañá e á tarde e 4 a 5 á noite. Forte marusía. Visibilidade boa á mañá, regular á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2.5 a 3.5 metros á mañá, 3.5 a 4.5 metros á tarde e 4 a 5 metros á noite.

Outros artigos

Volven ao Son os Obradoiros de Verán de Taller Alecrín

O Porto do Son volverá ser unha das localizacións dos Obradoiros de Verán de Taller Alecrín. A iniciativa consistirá en obradoiros gratuítos de baile social e linedance a ritmo de bachata, kizomba, chachachá, swing, disco, funky, etc. No caso de Porto do Son, estes...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.