Galicia verá modificada a súa situación meteorolóxica na segunda metade do xoves 11, San Dámaso, cando unha fronte procedente do Atlántico comece a entrar pola franxa occidental e avance posteriormente por toda a Comunidade.
A xornada iniciarase con nubes e claros, pero a partir do mediodía a nubosidade irá en aumento ata quedar totalmente cubertos, dando paso ás primeiras chuvias na costa atlántica, que se estenderán ao resto do territorio xa durante a noite.
As temperaturas manteranse sen cambios o experimentarán un lixeiro descenso, mantendo un ambiente fresco propio da época.
O vento soprará de compoñente sur, frouxo pola mañá, pero moderado con refachos fortes no litoral atlántico e en zonas altas a partir da tarde, coincidindo coa chegada da fronte.

O noso mar:Vento do sur á mañá, do sur á tarde e do norte á noite, forza 4 a 5 á mañá, 5 a 7 á tarde e 5 a 6 á noite. Forte marusía. Visibilidade regular á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste á mañá e oeste á tarde e á noite, con ondas de 2 a 3.5 metros á mañá, 2 a 3 metros á tarde e 3 a 4 metros á noite.



