Ao longo do primeiro día do ano, San Manoel, o ceo irá quedando progresivamente máis cuberto pola chegada da fronte, Francis, que deixará precipitacións máis probables a partir da tarde e durante a noite, especialmente na metade oeste do territorio galego.
As temperaturas non experimentarán cambios significativos(3 a 12 graos). O vento soprará moderado de compoñente sueste, con refachos fortes nas Rías Baixas e na Costa da Morte.

O noso mar: Vento do sueste á mañá e do sueste á tarde e á noite, forza 3 a 5 á mañá e 5 a 6 á tarde e á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste á mañá e oeste á tarde e á noite, con ondas de 1 a 1.5 metros á mañá e 1.5 a 2 metros á tarde e á noite.



