Venres 26, frío en Santiago e chuvascos nas Rías Baixas. Empeza a chegar tempo seco e soleado para os próximos días

25 Decembro 2025

O venres 26, Santo Estevo, estará marcado polo predominio da influencia anticiclónica, aínda que se deixará notar o paso dun pequeno centro de baixas presións que se despraza polo litoral atlántico cara ao sur. Esta situación dará lugar a ceos con alternancia de nubes e claros.

Espéranse chuvascos, máis probables durante a mañá na comarca, que poderán ser de neve en cotas arredor dos 700 metros. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, con xeadas no interior, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso ( 2 graos de mínima e 12 de máxima).

Os ventos soprarán de compoñente leste, en xeral frouxos, con intervalos de moderados.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sueste á mañá, do sueste á tarde e do leste á noite, forza 4 a 6 á mañá e 2 a 4 á tarde e á noite. Forte marusía á mañá, mar ovellado á tarde e marusía á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 1.5 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1.5 metros á noite.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.