Venres 19, ceos nubrados, descenso térmico e chuvascos febles

18 Decembro 2025

Xornada a deste venres 19, San Dario e San Atanasio, de transición marcada por un ambiente húmido debido á persistencia da circulación do norte. Os ceos permanecerán maioritariamente nubrados en boa parte de Galicia aínda que na costa se agardan períodos con menor presenza de nubes.

Segundo as previsións meteorolóxicas, os chuvascos serán en xeral febles e concentraranse principalmente no norte e interior do territorio. Nas zonas de montaña, as precipitacións poderán ser en forma de neve a partir dos 1.000 metros durante a mañá, elevándose a cota ata arredor dos 1.200 metros co avance da tarde.

As temperaturas experimentarán un descenso entre lixeiro e moderado, un cambio que se notará especialmente nos valores mínimos, contribuíndo a unha sensación térmica máis fría ao inicio da xornada. (5 graos de mínima e 12 de máxima).

En canto ao vento, soprará de compoñente norte frouxo en xeral, aínda que poderá acadar intensidade moderada no litoral atlántico. De cara á noite, espérase que role a compoñente sur, anunciando un cambio progresivo na situación meteorolóxica.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá e á tarde e do sudoeste á noite, forza 3 a 5 á mañá, 2 a 4 á tarde e 2 a 3 á noite. Marusía á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 4 a 5 metros.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...