No accidente viuse implicado outro vehículo no que viaxaban unha muller e dous menores que tiveron que ser trasladadas ao hospital comarcal

Pouco antes das 17.30 horas deste martes produciuse un accidente na autovía de Barbanza. Un turismo que circulaba en dirección a Ribeira saíuse da vía ao seu paso polo municipio da Pobra do Caramiñal e terminou impactando contra o quitamiedos.
Debido ao aparatoso do accidente, mobilizáronse os bombeiros dos parques provinciais de Ribeira e Boiro, que tiveron que intervir cortando parte do vehículo para facilitar a súa retirada da calzada.
Nun primeiro momento temiuse que puidese haber persoas atrapadas no interior do coche. Con todo, segundo a información solicitada posteriormente, os dous ocupantes lograron saír polos seus propios medios e déronse á fuga internándose nunha zona de monte próxima. As circunstancias do accidente están a ser investigadas.



