UCIN Boiro solicita a instalación de casetas–refuxio para as colonias felinas

15 Decembro 2025

O coordinador da agrupación UCIN Boiro, Miguel Piqueras, solicitou ao Concello a instalación “de casetas–refuxio adecuadas en todas as zonas do municipio onde existan colonias felinas, empezando pola leira–aparcadoiro da praza da Mancomunidade”, onde, segundo se sinala na solicitude, “os gatos dependen actualmente de estruturas improvisadas creadas por persoas voluntarias para protexerse do frío e a choiva”. O grupo explica que “as colonias felinas forman parte da contorna urbana e que a súa xestión, protección e control é unha obriga municipal recollida na normativa vixente”. Na petición láianse de que “a falta de infraestruturas e de medidas de benestar animal continúe sendo unha realidade en numerosos puntos do municipio” e de que teñan que ser as persoas voluntarias as que teñan que facer “o traballo que debería estar a facer o Concello”.

En palabras de Miguel Piqueras, responsábel de UCIN Boiro, “xa é hora de dotar ás colonias de refuxios seguros e dignos, e de garantir un mantemento adecuado e continuado”. O grupo considera que a concelleira de Medio Ambiente debe asumir a súa responsabilidade e actuar con urxencia, “xa que o estado actual das colonias evidencia unha falta de planificación e de resposta municipal”. Por iso, solicitan a posta en marcha dun plan integral de protección felina que inclúa a instalación de casetas–refuxio en todos os puntos onde exista unha colonia rexistrada, o mantemento
periódico destas estruturas, o apoio efectivo ao método CER (Captura–Esterilización–Retorno) e unha coordinación real coas persoas voluntarias que
coidan dos animais”.

Tamén se pide ao Concello que “entregue os carnés oficiais ás persoas alimentadoras, documento imprescindíbel para identificarse ante as autoridades e evitar sancións mentres desempeñan o seu labor”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.