UCIN Boiro denuncia un “crime ecolóxico” en Barraña pola retirada masiva de area

10 Decembro 2025

A Unión de Cidadáns Independentes (UCIN Boiro) denunciou publicamente o que cualifica como un “crime ecolóxico” na praia de Barraña, tras os traballos realizados polo Concello nos últimos días. Segundo o colectivo, o uso de excavadoras e camións para retirar grandes cantidades de area supón “o maior atentado ambiental que sofreu Boiro en anos”.

As imaxes difundidas pola formación amosan zanxas profundas, arrastre de area e retirada indiscriminada de material, algo que, segundo apuntan, se está a presentar como unha limpeza do areal, pero que consideran unha intervención “contraria a toda normativa ambiental”.

UCIN lembra que as guías de Costas e Medio Ambiente establecen que a limpeza dos areais debe realizarse de forma manual, con maquinaria lixeira ou mediante cribado superficial, e nunca retirando area. Existen ferramentas específicas —como cazos con reixa ou cribadores— que permiten separar residuos sen afectar ao sedimento. “En Barraña estase facendo exactamente o contrario”, lamentan.

Posibles efectos ambientais

Segundo a formación, a actuación está a acelerar a erosión, alterar o perfil da praia e eliminar ecosistemas que “poderían tardar anos en recuperarse”. Ante a gravidade que lle atribúen ao suceso, piden a paralización inmediata dos traballos, así como un informe técnico independente que avalíe o impacto e determine posibles responsabilidades.

Chamamento á dimisión

O coordinador de UCIN Boiro, Miguel Piqueras, condenou a actuación e reclamou a dimisión da concelleira de Medio Ambiente. Asegura que UCIN apoia a limpeza das praias durante todo o ano, “pero non deste xeito, que destrúe o litoral”.

“Arrincar toneladas de area non é un simple erro: é un acto gravísimo de incompetencia e desprezo cara aos nosos veciños e ao noso entorno natural. A responsabilidade política é evidente e esiximos medidas inmediatas para frear esta agresión ao litoral”, afirmou.

Perda de confianza cidadá

UCIN conclúe que o sucedido en Barraña supón non só un dano ambiental, senón tamén “un golpe á confianza dos veciños nos seus responsables políticos”, e reclama unha rectificación urxente por parte do goberno local.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.