Ribeira dará a benvida a 2026 cunha festa de aninovo en Bandourrío

29 Decembro 2025

Tralas doce badaladas na noite do 31 de decembro, entraremos oficialmente no 2026 e o Concello de Ribeira quere que a cidadanía o festexe de maneira conxunta, polo que organiza unha celebración na madrugada do primeiro día do ano que se atopa ao abeiro da programación do Nadal Cultural 2025-2026. A carpa situada na praza de Pontevedra, en Bandourrío, converterase “en epicentro festivo amenizado por Planet Discomóbil, a partir das 01.00 horas, con xéneros musicais para tódolos gustos”, como indicou a concelleira de Cultura, Ana Barreiro. Ademais, repartirase cotillón entre as persoas asistentes.

Segundo explicou o edil de Festexos, Fernando Abraldes, “trátase dunha cita tradicional no noso municipio que permite a tódolos veciños e veciñas dar a benvida ao novo ano en conxunto, ao tempo que contribuímos a dinamizar o ocio nocturno. Sempre é unha alegría
ver a diferentes xeracións de ribeirenses celebrando xuntas a entrada a un novo ano, bailando, cantando, deixando atrás o que foi e coa esperanza do que deparan os vindeiros 365 días”.

En palabras similares tamén se pronunciou a concelleira de Xuventude, Carmen Pérez, para quen se organiza esta festa “para
que a xuventude escolla Ribeira para despedir o ano. Seguiremos traballando para que o noso municipio sexa sempre punto de
encontro para diferentes xeracións”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.