Rianxo mellorará as súas instalacións portuarias coa cesión dunha parcela de 6.000 metros cadrados por parte de Portos e coa ampliación do Club Náutico

18 Decembro 2025

O Concello de Rianxo logrou un acordo histórico con Portos de Galicia (Consellería de Mar) para a cesión gratuíta á Administración local da parcela situada a carón do Auditorio de Rianxo. Nas vindeiras semanas formalizarase oficialmente a cesión coa sinatura dun convenio de colaboración en virtude do cal o Concello disporá dun soar de aproximadamente 6.000 metros cadrados.

“Trala sinatura do dito convenio poderemos dotar a parcela dos servizos e infraestruturas necesarios para o seu uso por parte dos veciños e veciñas”, informou o alcalde, Julián Bustelo, engadindo que esta cesión “supón un paso previo necesario de cara a comezar a desbloquear outros proxectos estratéxicos como a recuperación e renaturalización da fachada marítima rianxeira”. O Concello agradeceu á conselleira do Mar, Marta Villaverde, e ao Grupo Municipal do Partido Popular de Rianxo polo seu apoio e por traballar da man do Goberno “para acadar este importante logro”.

O rexedor engadiu que tralo acordo acadado con Portos de Galicia “a nosa zona portuaria cambiará de xeito notábel”. Tamén, indicou, grazas á mellora e ampliación das instalacións do Club Náutico de Rianxo, que dotarán á infraestrutura de 174 prazas de amarre. Ademais, instalaranse catro módulos de edificación prefabricados que albergarán unha cafetería e local social, oficinas, vestiario e o pañol para vela lixeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.