Rianxo acolle este venres a presentación dos resultados do Laboratorio Ecosocial, tras seis anos de traballo pola xestión sostíbel dos montes do Barbanza

04 Decembro 2025

O Concello de Rianxo convida á veciñanza a coñecer os resultados do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, un proxecto pioneiro no que a Plataforma pola Defensa do Monte e as comunidades de montes de Rianxo traballan xunto con outras entidades pola xestión sostíbel do territorio. O acto institucional de presentación terá lugar no Pazo de Martelo (Praza Rafael Dieste, Rianxo) este venres 5 de decembro, de 12:00 a 14:00, e permitirá compartir seis anos de traballo que están a consolidar o Laboratorio como un proxecto referente na prevención de incendios, recuperación de
terras en abandono, creación de emprego verde e fortalecemento da biodiversidade no Barbanza.

No evento intervirán Julián Bustelo, alcalde de Rianxo; Rosa Ana García, deputada de Emprego e Industria da Deputación da Coruña; e Julio Abalde Alonso, subdelegado do Goberno de España na Coruña, xunto a outros representantes das entidades socias do proxecto.

Co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do PRTR —financiado pola Unión Europea–NextGenerationEU— o Laboratorio consolidou desde 2023 un amplo programa de intervencións que está demostrando o potencial da colaboración entre comunidades de montes, concellos e entidades sociais para transformar o territorio desde unha perspectiva ambiental, social e económica. De feito, o proxecto foi recoñecido polo MITECO como unha das 39 iniciativas exemplares do PRTR, destacando entre mais de 1.000 proxectos subvencionados pola súa capacidade de coordinación entre axentes públicos e locais, e polo seu impacto ambiental e social no territorio.

Axenda da xornada

12:00 – Recepción

Presentacións institucionais

12:10 – Inicio do evento por Julián Bustelo, alcalde de Rianxo

12:20 – Rosa Ana García, deputada de Emprego e Industria da Deputación da Coruña

12:30 – Julio Abalde Alonso, subdelegado do Goberno de España na Coruña

12:40 – Vídeo do proxecto

Presentacións técnicas

12:45 – Adrián Capelo, xestor do proxecto na Fundación RIA

13:00 – Rafael Saco, presidente da Plataforma pola Defensa do Monte Cóctel

13:20 – Cóctel

14:00 – Fin do evento

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...