Na tarde deste martes 9 de decembro a dotación de garda do Grupo de Emerxencias e Protección Civil Municipal de Ribeira (GAEM) foi mobilizada polo CIAE 112 para intervir no rescate dunha ave rapaz ferida e atorada nun peche no lugar de Couso. Unha vez rescatada, fíxose cargo da ave un axente medioambiental da Xunta de Galicia trasladándoa ao Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe en Oleiros (A Coruña) co fin de favorecer de curala das súas feridas e proceder, en canto sexa posíbel, á súa liberación.




